Benvidos a Galauda
PDF Imprimir Correo-e
O Catalizador ja en PDF
                                                                                         
MEMÒRIA D'ACTIVITATS CURS 2008-2009 PDF  
 
PDF Imprimir Correo-e
Saída colectiva 2009-2010 - lugares de Barcelona emblemáticos para a cultura galega

Descargar  -  Caderno de traballo

O xoves 10 de decembro de 2009 o alumnado do Proxecto Galauda sairá das  aulas para visitar lugares relevantes da cultura galega en Barcelona.

Este curso son tres os institutos que realizan a saída: IES Arquitecte Manuel Raspall de Cardedeu, IES Margarida Xirgu de L’Hospitalet de Llobregat, e IES Sant Just DEsverrn de Sant Just.

Como cada ano, reunirémonos na libraría e tenda de cerámicas Sargadelos (Provença 279), ás 10 da mañá. Alí, ademais de ver a cerámica e coñecer a importancia da fábrica na cultura galega,  poderán obter información sobre a produción bibliográfica en galego e sobre Uxío Novoneyra, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2009.

Logo os estudantes os estudantes teñen unha cita na Universitat de Barcelona. En primeiro lugar farase un breve percorrido polos espazos do reitorado e o Paranimfo. Despois desta visita, profesores de Filoloxía Galega daranlles información sobre os estudos de galego na UB.

A saída acaba no Centro Galego de Barcelona, onde serán recibidos por membros da Xunta Directiva.  Logo de coñecer o Centro, farase o xantar alí mesmo, para despois asistir a unha serie de actividades de música galega, narrativa oral, ou representacións en galego. Músicos e compoñentes do grupo de teatro Furafollas actuarán para os estudantes de galego na Secundaria catalá.

 
PDF Imprimir Correo-e
Viaxe a Galicia 2009       

Os estudantes e profesores de cinco dos oito institutos do Proxecto Galauda visitarán Galicia, como vén sendo habitual, no mes de maio. O grupo aloxarase no albergue de Gandarío (Sada).

Como todos os anos, visitaranse as cidades de Santiago e da Coruña. Alén destas visitas obrigadas, este ano prevese que os alumnos coñezan tamén o parque natural das Fragas do Eume, o Castro de Elviña, a Vila de Mondoñedo e a Praia das Catedrais.

Esta vai ser á séptima viaxe a Galicia dos alumnos do Proxecto Galauda, e terá especial relevancia polo feito de celebrarse o décimo aniversario deste proxecto pioneiro no Estado español.

    PERCORRIDO!!     PowerPoint Viaxe
 
PDF Imprimir Correo-e
O PROXECTO GALAUDA COMEZA UN NOVO CURSO

Galauda volve a porse en marcha no curso 2009-2010 con seis institutos cataláns de ensino secundario que continúan ofrecendo aos seus estudantes a oportunidade de estudar a lingua e a cultura de Galicia.

E como vén sendo habitual, ademais do labor diario de profesore/as e almuno/as, o curso está cargado doutras actividades pensadas para pór en práctica a lingua máis alá das aulas. Entre outras, faremos unha visita aos lugares galegos emblemáticos de Barcelona e unha viaxe a Galicia, e participaremos no concurso literario Contos do Mediterráneo e no Saló del còmic de Barcelona cun fanzine galaico-catalán. Aprederemos moitísimo e pasarémolo moi ben.

  Ademais, a comunidade educativa catalá pode coñecer o noso proxecto a través a páxina do xtec.

EL PROXECTO GALAUDA COMENÇA UN NOU CURS

Galauda es torna a posar en marxa en el curs 2009-2010 amb sis instituts catalans d'educació secundària que continuen oferint als seus estudiants l'oportunitat d'estudiar la llengua i la cultura de Galícia.

I com és habitual, a més a més de la feina diària de professor/es i alumnes, el curs està carregat d'altres activitats pensades per a posar en pràctica la llengua més enllà de les aules. Entre d'altres, farem una visita als llocs gallecs emblemàtics de Barcelona i un viatge a Galícia, i participarem al concurs literari Contos do Mediterráneo i al Saló del còmic de Barcelona amb un còmic galaic-català. Aprendrem i ens divertirem moltíssim.

A més a més, la comunitat educativa catalana pot conèixer el nostre projecte mitjançant la pàgina del xtec.
 
O Proxecto Galauda cumpre 10 anos PDF Imprimir Correo-e
No ano 1998 o profesor Luís Vázquez foi pioneiro en dar clases de lingua galega na Secundaria de Cataluña, no IES Parets del Vallès. Desde entón, houbo once institutos nos que se deron clases de galego en Catalunya (oito deles actualmente) e dous os centros de Galicia nos que se ofreceron aulas de lingua e cultura catalás.
 

Recibimento institucional aos Estudantes de galego
en Cataluña. Xunta de Galicia - maio de 2008

 
Durante este curso están previstas diversas actividades de celebración do décimo aniversario, que culminarán, coma sempre, mais desta vez cun valor especial, na viaxe a Galicia que cada ano, no mes de maio, fan os alumnos e os profesores que participan no Proxecto Galauda.
 
Ao longo destes dez anos foron moitas as persoas que se enriqueceron nas clases de galego en Cataluña e nas clases de catalán en Galicia. Máis alá da aprendizaxe dunha nova lingua, esta experiencia serviunos a todos para entender que o futuro das nosas sociedades, xa multilingües e multiculturais, pasa pola aceptación entusiasta da diferenza.

 
Proxecto Galauda, Powered by Joomla! and designed by SiteGround web hosting